Saltar ao contido

Francisco Ponzán Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Ponzán Vidal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1911 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de agosto de 1944 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Buzet-sur-Tarn, Francia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPaco
Guriato
el Gafas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, membro da resistencia francesa, anarcosindicalista, oposición ao franquismo Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresRamón Acín Aquilué Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPilar Ponzán Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 6504

Francisco Ponzán Vidal, nado en Oviedo o 30 de marzo de 1911 e finado en Buzet (Francia) o 17 de agosto de 1944, foi un mestre e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Residiu en Huesca desde moi novo. Militante da CNT. Na II República foi mestre na escola de Corzón (Mazaricos) e desde xaneiro de 1936 na de Camelle (Camariñas). Asesorou ao Sindicato de Oficios Varios de UGT de Ponte do Porto, principalmente ao seu líder e presidente Rogelio Mazaeda. O 15 de xullo trasladouse a Huesca para pasar as vacacións e alí pillouno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Enrolouse no exército da República. Coa derrota republicana pasou a Francia, onde colaborou coa resistencia e coa organización para a evasión de pilotos aliados que caían en Francia. Foi detido polos franceses de Vichy e entregado aos nazis. Morreu con 33 anos queimado polos nazis en Buzet-sur-Tarn.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Foi recoñecido e condecorado a título póstumo polos gobernos e exércitos de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, pero non por España.
  • O concello de Tolosa, presidido polo alcalde M. Pierre Cohen, dedicou un paseo na súa honra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • La Red de Evasión del Grupo Ponzán. Anarquistas en la guerra secreta contra el franquismo y el nazismo (1936-1944), Antonio Téllez Solá, Editorial Virus, Barcelona, 1996.
  • Las montañas de la libertad, Josep Calvet, Alianza Editorial, Madrid, 2010.
  • Lucha y muerte por la Libertad, 1936-1945. Francisco Ponzán Vidal y la Red de Evasión Pat O'Leary 1940-1944, Pilar Ponzán Vidal, Tot Editorial, Barcelona 1996.
  • L'histoire de Pat O'Leary, Vincent Brome, Ed. Amiot-Dumont, París, 1957 (trad. inglesa: The Way Back. The Story of Lieut-Commander Pat O'Leary, The Companion Book Club, Londres, 1958.
  • Pasión y muerte de los españoles en Francia, Federica Montseny, Ed. Espoir, Toulouse, 1969 (publicado anteriormente en fascículos en 1949-1950).
  • Doble jeu pour la France. 1939-1944, Robert Terrés, Ed. Grásset et Fasquelle, París, 1977.
  • Jacques, l'ami d'Achille, un agent français de la guerre secréte. Reseau d'evasions, Jacques Wattebled, Ed. Chassany, París, 1946.
  • Documentació diversa de Francisco Ponzán Vidal 1936-1979. Barcelona : CRAI Biblioteca del Pavelló de la República, 2006.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]