Francisco Pena Romero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1909 Cabo de Cruz, España |
Morte | 1 de outubro de 1992 (83 anos) Cabo de Cruz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Francisco Pena Romero, nado en Cabo de Cruz (Boiro) o 6 de xaneiro de 1909 e finado no mesmo lugar o 1 de outubro de 1992,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e obrigado a alistarse no exército franquista. Desertou e pasouse ao bando leal. Coa derrota republicana pasou a Francia e foi internado no campo de Barcares e despois incorporouse a 33 Compañía de Traballadores Estranxeiros. Combateu no Exército francés. Preso en Estrasburgo, foi deportado a Mauthausen en decembro de 1940 e trasladado a Gusen en marzo de 1941. Foi liberado en maio de 1945.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ramona Romero Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-10-1992, p. 74.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisco Pena Romero na páxina web Nomes e Voces.