Francisco Nogueira Fraguas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1850 ![]() Bueu, España ![]() |
Morte | 18 de setembro de 1923 ![]() Bueu, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario, filántropo ![]() |
Familia | |
Irmáns | Miguel Nogueira Fraguas ![]() |
Francisco Nogueira Fraguas, nado en Bueu en 1850 e finado no mesmo concello o 18 de setembro de 1923,[1] foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Miguel Nogueira Fraguas. Emigrou aos 17 anos á Arxentina. Estableceuse na cidade de Concepción del Uruguay (Entre Ríos). Fixo fortuna coas súas actividades comerciais. Logo de 55 anos e xa ancián, retornou a Galicia, onde morreu. No seu testamento datado o 18 de setembro de 1922, legou cartos e terras por valor de 30.000 pesos (72.000 pesetas) para a construción dun centro de ensino en Bueu. A súa intención era construír un centro de ensino profesional que levase o nome da súa nai, Escola de Artes e Oficios Manuela Fraguas.[2] O proxecto non chegou a desenvolverse pola desidia das autoridades e a desaparición dos cartos do legado.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "El filántropo don Francisco Nogueira Fraguas". América-Galicia II (32): 14. 1923.