Francisco Lamas Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1896 Ourense, España |
Morte | 1980 (84 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | pintor, político |
Familia | |
Cónxuxe | Adela Oliveri |
Fillos | unha |
Pai | Francisco Lamas Salgado |
Irmáns | Chita Lamas Barreiro |
Francisco Lamas Barreiro, coñecido como Farruco Lamas, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1896 e finado en Buenos Aires en 1980, foi un pintor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Lamas Salgado. Con oito ou nove anos trasladouse coa familia a Arxentina. A comezos de outubro de 1920 chegou a Ourense para cumprir coas súas obrigas militares e coa intención de continuar os seus estudos pictóricos en Madrid. Entrou en contacto coa Mocedá Galeguista d´Ourense, ingresou na organización e en decembro do ano seguinte inaugurou unha exposición das súas obras no salón da Mocedá. Colaborou coa revista Nós, alentou a creación dunha Liga das Nazós do Norte d´Ibéria, e colaborou con ilustracións para a Editorial Céltiga. Participou na IV Asemblea Nacionalista na que asinou unha proposta con Antón Villar Ponte e Manoel Antonio solicitando “que se decrare a incompatibilidade da filiación nazonalista con calquera outra filiación política”.[1] En 1923 regresou a América, integrouse na delegación arxentina da Irmandade Nazonalista Galega e foi director artístico no seu voceiro Terra. En 1926 participou na creación e primeira etapa de A Fouce. Presidiu a partir de 1930 a Sociedade Nazonalista Pondal. Despois abandonou a militancia política e traballou como director de arte do departamento de publicidade da Paramount Pictures.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Adela Oliveri, coa que tivo unha filla. Foi cuñado de Ramiro Isla Couto, que estivo casado con Chita Lamas Barreiro, irmá máis nova de Farruco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A IV Asemblea nacionalista 6 (LXX)
- ↑ "Fuco Lamas Barreiro, o arredista galego da Paramount Films". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2021. Consultado o 04 de xuño de 2021.