Francisco Guterres
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de setembro de 1954 Ossu |
| Morte | 21 de xuño de 2026 Kuala Lumpur |
| 6º Presidente de Timor Leste | |
| 20 de maio de 2017 – 20 de maio de 2022 ← Taur Matan Ruak – José Ramos-Horta → | |
| 1º Presidente do Parlamento de Timor Leste | |
| 20 de maio de 2002 – 31 de xullo de 2007 ← sen valor – Fernando Lasama de Araújo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período de actividade | 1975 |
| Partido político | Fretilin |
| Familia | |
| Cónxuxe | Cidália Guterres |
Francisco Guterres da Costa, popularmente coñecido como Lú-Olo, nado en Viqueque o 7 de setembro de 1954 e finado en Kuala Lumpur o 21 de xuño de 2026,[1] foi un profesor, exguerrillero e político de Timor Leste, sendo dende o 20 de maio de 2017 ata 2022 o presidente do país.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi tamén o presidente da Fronte Revolucionaria de Timor Leste Independente (FRETILIN). Foi presidente do Parlamento Nacional de Timor Leste de 2002 a 2007. Concorreu ás eleccións presidenciais como candidato do FRETILIN nas eleccións presidenciais de 2007 e as de 2012 pero foi derrotado na segunda volta por candidatos independentes en ambas as ocasións. Nas eleccións presidenciais de 2017 recibiu o apoio do anterior primeiro ministro, Xanana Gusmão, e do Congreso Nacional de Reconstrución de Timor Leste e logrou o 57 % dos votos en primeira volta.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Guterres estivo casado con Cedália Lopes e tiveron catro fillos: Francisco, Eldino, Felezito e Dália.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morreu Francisco Guterres "Lu Olo", ex-Presidente de Timor-Leste". Público (en portugués). Lusa News Agency. 21 de xuño de 2026. Consultado o 21 de xuño de 2026.
- ↑ "Francisco Guterres set to become East Timor’s fourth president". The Australian. 22 de marzo de 2017. Consultado o 22 de marzo de 2017.
- ↑ "Francisco Guterres: profesor, guerrillero, político y jefe de Estado". La Vanguardia (en castelán). 20 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019.