Taur Matan Ruak
Taur Matan Ruak | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de outubro de 1956 |
Lugar de nacemento | Osso Huna |
Nacionalidade | Timor Leste |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | político |
Cónxuxe | Isabel da Costa Ferreira |
Premios | Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José María de Vasconcelos, coñecido polo seu nome de guerra Taur Matan Ruak, nado en Baguia, Baucau o 10 de outubro de 1956, é un político e militar de Timor Leste e presidente do seu país. O seu nome de guerra significa dous ollos vivos en tetum. Foi presidente de Timor Leste dende 2012 até 2017. É o actual primeiro ministro de Timor Leste dende xuño de 2018.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carreira militar no Falintil[editar | editar a fonte]
Con tan só 19 anos, Taur Matan Ruak foi o líder da á militar de Resistencia Timorense (Falintil) durante a fase final da ocupación indonesia, levando a cabo diversas operacións no leste do país entre 1979 e 1980.[1]
En 1981, é promovido a Xefe Adxunto do Estado Maior, facéndose cargo das operacións do Falintil tanto no leste, como o oeste do país, e posteriormente encárgase de todas as operacións, realizadas polo brazo armado.[1] En 1992, ascende a Xefe do Estado Maior, logo en 1998, a Subcomandante das Forzas Armadas do Falintil, e en 2000, Comandante en Xefe do mesmo.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Despois da independencia de Timor Leste, converteuse en Xefe de Estado Maior en setembro de 2011, cargo ó que dimitiu para converterse en candidato para as eleccións do 16 de abril de 2012.
Na elección presidencial convértese no candidato máis votado co 60,85 % dos votos, polo que se converte no presidente.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Biografía del excelentísimo señor Taur Matan Ruak, presidente de la República Democrática de Timor-Leste - Internacionales - Juventud Rebelde - Diario de la juventud cubana". Consultado o 13 de febreiro de 2017.
- ↑ "Taur Matan Ruak é o novo Presidente de Timor". 16 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 17 de abril de 2012.