Francisco García Montes
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Galicia, España |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Francisco García Montes é un político e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito. Militante da UPG, foi secretario xeral da ING de 1977[1] ata 1980. O 3 de outubro de 1980 foi elixido secretario xeral da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) nunha Asemblea en Compostela, logo do acordo de setembro que permitiu a unificación da ING e a CTG. Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo.[2] En 1988 foi elixido membro do Consello Nacional da CXTG.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 8-11-1977, p. 62.
- ↑ Conde Muruais, Perfecto (12-5-1981). "Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego". elpais.com (en castelán). Consultado o 3-7-2019.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-10-1988, p. 49.
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |