Francisco Fulgosio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Fulgosio
Biografía
Nacemento(es) Francisco Javier Fulgosio y Villavicencio Editar o valor em Wikidata
12 de agosto de 1799 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1848 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Barcelona
28 de xullo de 1844 – 27 de xaneiro de 1845
← Francisco de Paula Lillo Cifuentes (en) TraducirJosé María de Gispert (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarGarda Real Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFernando Fulgosio Carasa Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Fulgosio (en) Traducir e Dámaso Fulgosio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Francisco Javier Fulgosio e Villavicencio, nado en Ferrol o 12 de agosto de 1799 e finado en Burgos o 21 de setembro de 1848, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do militar Francisco Fulgosio e de María del Carmen Villavicencio, foi irmán dos tamén militares Fernando, Dámaso e José Fulgosio, e pai do escritor Fernando Fulgosio.[1]

En 1808 era paxe do rei e ingresou no exército en 1816, cando o nomearon capitán de Infantaría e segundo tenente de gardas valoas sen antigüidade. Durante o golpe de Estado de Fernando VII (7 de xullo de 1822) era tenente coronel de Infantaría e estaba en Cádiz, pero ao chegar a Madrid o seu rexemento xa capitulara; obtivo o grao de coronel e foi licenciado. Emigrou a Francia; Carlos O´Donnell nomeouno capitán da sexta compañía do batallón de granaderos e con el entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís en 1823 até Andalucía; recoñecéronlle o grao de tenente de granaderos o 14 de maio de 1824, e o de capitán o 14 decembro e déronlle a Cruz de primeira clase de San Fernando o 28 de xaneiro de 1830; foi nomeado segundo comandante da Garda Real o 13 de marzo de 1830.

O 28 de xaneiro de 1833 foi licenciado e enviado a Cuenca, de onde fuxiu xunto con Juan Romagosa; foi a Alxeciras e a Portugal e incorporouse ás filas carlistas o 10 de outubro de 1833. En maio de 1836 pediu o grao de brigadier aducindo que logrou que en Etxarri Aranatz (1834) desertasen máis de cen homes do 1.º da Garda de Infantaría ás filas de don Carlos; baixo o mando de Gómez derrotou ao xeneral cristino Narciso López en Malillas (Guadalaxara). Xa co grao de brigadier foi un dos asinantes do Convenio de Bergara polo que se puña fin á Guerra carlista do Norte, xunto co seu irmán o coronel José Fulgosio.

En 1844 foi nomeado xefe político da deputación de Barcelona, cargo no que tentou aplacar os obreiros de forma non violenta creando unha comisión negociadora. En 1846 era mariscal de campo e comandante xeral de Málaga e recibiu a cruz da Orde de Carlos III. Morreu o 21 de setembro de 1848 cando era capitán xeral de Burgos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]