Francisco Filgueiras Gulías
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1914 Castrelo, España |
Morte | 12 de xaneiro de 2005 (90/91 anos) Forcarei, España |
Alcalde de Forcarei | |
1949 – 1974 – Manuel Brea Porto → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Francisco Filgueiras Gulías, nado en Castrelo (Forcarei) cara a 1914 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 2005, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de mestre en 1935.[1] Afiliado a Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Forcarei en 1949.[2] Permaneceu no cargo ata 1974. Foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra e despois presidente da Unión de Cooperativas do Campo de Galicia. Promoveu a Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes, da que foi o seu primeiro presidente (1974-1996). Finou en Forcarei en xaneiro de 2005.[3]
Predecesor: Antonio Villaverde Vieitez |
Alcalde de Forcarei 1949 - 1974 |
Sucesor: Manuel Brea Porto |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Insignia de ouro de Amigos da Terra de Montes, 1995.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Soledad Cendón Tomé.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-6-1949, p. 2.
- ↑ Forcarei despidió ayer a Filgueiras Gulías, alcalde en las últimas décadas del franquismo