Francisco Amado Hermida
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Vilachambre |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| 1924 – 1924 – Juan Pérez Rodríguez → | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Francisco Amado Hermida, nado en Vilachambre (Baralla), foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Amado Álvarez e Vicenta Hermida Fernández.[1] Residía en Vilachambre. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Neira de Xusá en 1924.[2] En 1925 aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais.[3] Volveu ser alcalde de Neira de Xusá na Segunda República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e internado no cárcere de Becerreá. Trasladado ao Cárcere de Lugo, foi xulgado en Lugo por rebelión militar, o seu caso foi sobresido, pero foi condenado a unha multa de 10.000 pesetas. O 22 de outubro de 1938 saíu da prisión.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción Hervella Goyanes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en represión franquista en Lugo
- A oposición de Baralla fala de clientelismo e de pánico cerval entre os veciños
| Predecesor: Andrés González Otero |
Alcalde de Baralla 1924 |
Sucesor: Juan Pérez Rodríguez |