Saltar ao contido

Francis Bertody Sumner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancis Bertody Sumner
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1874 Editar o valor em Wikidata
Pomfret, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de setembro de 1945 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Profesor emérito
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Minnesota (pt) Traducir
Universidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo , ictiólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorScripps Institution of Oceanography (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresBashford Dean (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata


Francis Bertody Sumner, nado en Pomfret (Connecticut) o 1 de agosto de 1874 e finado o 6 de setembro de 1945, foi un zoólogo, ictiólogo e escritor estadounidense.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Minnesota e na Universidade de Columbia, onde en 1901 conseguiu o doutoramento (PhD) cunha tese sobre a embrioloxía dos peixes.[3] Foi director do Laboratorio da Oficina de Pesquerías dos Estados Unidos en Woods Hole. Traballou como profesor de bioloxía na Institución Scripps de Oceanografía.[3][4] Sumner foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1937 e da Sociedade Filosófica Americana en 1938.[5][6]

Sumner recolleu moitas subespecies do roedor Peromyscus en California. Tamén estudou os pigmentos dos peixes.[3]

Fixo experimentos con roedores criados a distintas temperaturas, observando a herdanza na descendencia de distintas características, que foron discutidos dentro da polémica entre o lamarckismo e o darwinismo.[3][7]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • A Biological Survey of the Waters of Woods Hole and Vicinity (1913)
  • Heredity, Environment, and Responsibility (1921)
  • Genetic, Distributional, and Evolutionary Studies of the Subspecies of Deer Mice (Peromyscus) (1932)
  • The Life History of an American Naturalist (1945)
  1. Hubbs, Carl L. (1945). "Francis B. Sumner; 1874 - 1945". Copeia 4: 183–184. JSTOR 1438348. 
  2. Provine, William B. (1979). "Francis B. Sumner and the evolutionary synthesis". Studies in History of Biology 3: 211–40. PMID 11610986. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Child, Charles Manning. (1948). Biographical Memoir of Francis Bertody Sumner. En Biographical Memoirs. National Academy of Sciences 25: 147-173.
  4. Huestis, R. R. (1946). "Francis Bertody Sumner, 1874-1945". Journal of Mammalogy 27 (1): 1–3. JSTOR 1375136. doi:10.2307/1375136. 
  5. "Francis Sumner". www.nasonline.org. Consultado o 2023-05-15. 
  6. "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2023-05-15. 
  7. Wesley R. Coe. Francis Bertody Sumner: August 1, 1874-September 6, 1945 [Obituary]. Science. New Series, Vol. 102, No. 2649 (5 de outubro de 1945), pp. 344-346 (3 páxinas). Publicado por: American Association for the Advancement of Science