Francesc Bonet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancesc Bonet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Francesc Bonet i Dalmau Editar o valor em Wikidata
31 de maio de 1841 Editar o valor em Wikidata
Valls, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1898 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , inventor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesJosep Bonet del Río (pt) Traducir (neto)
Ramon Bonet Vallverdú (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata


Francesc Bonet i Dalmau, nado en Valls o 31 de maio de 1831 e falecido en Barcelona o 26 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro industrial e inventor catalán, fabricante do sector téxtil, apaixonado da ópera e das viaxes, que en 1889 patentou e construíu o primeiro automóbil con motor de explosión en España, coñecido como Bonet.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francesc Bonet era fillo de Carles Bonet i Vallverdú e Paula Dalmau i Comas, ambos de Valls.[2] Casou con Paula Duran i Donato.

Posuía unha fábrica téxtil na rúa da Deputación de Barcelona, onde ademais de realizar a súa actividade industrial, construíu un pavillón para probar novas voces da ópera, conseguindo lanzar á fama grandes sopranos como María Barrientos e Josefina Huguet.

Bonet asistiu á Exposición Universal de París de 1889, e alí coñeceu os vehículos que se movían sen cabalos e que en España aínda eran descoñecidos, polo que decidiu comprar un motor Daimler para construír o seu propio automóbil. O 12 de decembro dese mesmo ano, tres meses máis tarde da súa visita á Exposición de París, solicitou unha patente de invención para «vehículos de varias rodas movidos por motor de explosión»,[1][3] que se rexistrou co número de patente 10.313 o 15 de xaneiro de 1890.[4]

Nos planos iniciais do vehículo patentado, o automóbil a construír tiña 4 rodas e transmisión por cadea e diferencial, pero o que realmente construíu, foi un triciclo con dúas rodas diante e unha motriz detrás, equipado con motor Daimler. No verán de 1890 podíase ver circular o triciclo polas rúas de Barcelona, feito que causaba asombro e espanto entre os transeúntes. Tan pouca era a súa potencia, que escasamente podía superar a pendente do Passeig de Gràcia de Barcelona. Dende entón, Francesc Bonet foi coñecido como «o home do coche sen cabalos».[5] En marzo de 1894, Francesc Bonet obtivo unha patente que lle concedía durante 5 anos a exclusiva para fabricar calquera vehículo con motor de explosión.[4]

Ademais das patentes iñantes mencionadas, Francesc Bonet tamén obtivo a patente 10.314 para «lanchas accionadas por motores de explosión», e a 10.377 para unha «máquina con motor simplificada de gas ou vapor».[4]

Francesc Bonet faleceu en Barcelona no verán de 1898, aos 57 anos de idade. Dúas réplicas do seu automóbil Bonet, construídas artesanalmente a finais dos anos 1980, pódense ver no Museo do automóbil de Sils e no Museo da Automoción de Salamanca.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Bonet". Losorigenes.net. 2007. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2023. 
  2. A.H.A.T. Valls. Parròquia de Sant Joan Baptista, ed. (31 de maio de 1841). "Baptismes (1840-1844). Páx. 211, imaxe 213". Consultado o 18 de xullo de 2023. 
  3. José Font Mezquita y Juan F. Dols Ruiz. Tratado sobre automóviles. Tomo III. El entorno del automóvil, p. 75.
  4. 4,0 4,1 4,2 Bonet (arquivado en Archive.org). Vehículoclasico.es. Consultado o 03-08-2023.
  5. Ciuró, Joaquim (1970). «Bonet». Historia del automóvil en España. Barcelona: Ediciones CEAC, SA. pp. 19-23.