Fotorreceptor (electrónica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Distintos fotorreceptores.
Sensor óptico dun CD-ROM.

En electrónica, un fotorreceptor, tamén denominado detector fotónico, é un sensor de estado sólido que converte a enerxía solar en enerxía eléctrica,[1] xerando habitualmente unha corrente á súa saída.

A incidencia de fotóns dunha determinada enerxía provoca a transición de electróns da banda de valencia á banda de condución.

Funciona como un transdutor de luz, que proporciona un sinal eléctrico como resposta á radiación óptica que incide sobre a súa superficie sensíbel.

Os fotorreceptores son compoñentes esenciais de calquera sistema de comunicación óptica e un dos elementos fundamentais no que se refire a prestacións.

Tipos[editar | editar a fonte]

Dentro da categoría de detectores fotónicos podemos encontrar unha gran variedade de dispositivos. Cada un deles presentará unhas características particulares.

Fotocondutor[editar | editar a fonte]

Fotorresistencia.

Un fotocondutor, tamén chamado fotorresistencia é aquel dispositivo que cambia a súa resistencia eléctrica debido á exposición á enerxía radiante que chega a el. A resistencia que xera varía en función da luz que incide sobre a súa superficie. A maior intensidade de luz que incida na superficie deste, menor será a súa resistencia, e a menor luz que incida maior será a resistencia.

Pódense encontrar fotorresistencias, por exemplo, nas impresoras láser, onde fai de ponte entre o feixe do láser ao núcleo do tambor, creando una imaxe electroestática do material a imprimir sobre o tambor. Ademais, modulando a intensidade do láser, pódese controlar con gran precisión o ton da imaxe que finalmente será impresa.

Fotodíodo[editar | editar a fonte]

Fotodíodo.

O fotodíodo é un semicondutor sensíbel á luz visíbel ou á infravermella dependendo do material co que se fabrica. Os díodos teñen un sentido normal de circulación de corrente, que se chama polarización directa. Neste sentido, o díodo deixa pasar a corrente eléctrica e practicamente non o permite no sentido inverso: esta é a base do funcionamento dun diodo. Pero no fotodíodo a corriente que está en funcionamento (e que varía cos cambios da luz) é a que circula en sentido inverso ao permitido pola xuntura do díodo. Producirase un aumento da circulación de corrente cando o díodo é excitado pola luz.

Un exemplo de utilización do fotodíodo é o necesario para cambiar de canal co mando distancia dun televisor. O mando envía un sinal infravermello e o fotodíodo cáptaa.

Fototransistor[editar | editar a fonte]

Fototransistor.

O fototransistor é un transistor sensíbel á luz, normalmente infravermella. O fototransistor e máis sensíbel que o fotodíodo polo efecto de ganancia propia do transistor. A diferenza máis notábel na estrutura dun fototransistor e un transistor é a cápsula do fototransistor, que é semitransparente ou totalmente transparente, así é sensíbel á luz.

O fototransistor conduce máis ou menos corrente do colector cando incide máis ou menos luz sobre as súas xunturas. Existen dúas versións de fototransistores: de transmisión e de reflexión.

Igual que no fotodíodo, o fototransistor ten un tempo de resposta moi curto, responde a cambios de luz moi rápidos, pero este entrega variacións moito maiores de corrente debido a unha amplificación que o fotodiodo non ten.

Os fototransistores poden utilizarse en lectores de cinta, tarxetas perforadas, en sensores de proximidade, etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Haugan, H. J.; Elhamri, S.; Szmulowicz, F.; Ullrich, B.; Brown, G. J.; Mitchel, W. C. (2008). "Study of residual background carriers in midinfrared InAs∕GaSb superlattices for uncooled detector operation". Applied Physics Letters 92 (7): 071102. Bibcode:2008ApPhL..92g1102H. doi:10.1063/1.2884264. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]