Saltar ao contido

Fotonovela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fotonovela[1] é un xeito de narrar historias que só se diferenciada banda deseñada no material gráfico empregado, a fotografía, mediante a mesma preséntanse as imaxes dun xeito realista e cunha ampla gama de posibilidades expresivas.

O principal obxectivo da fotonovela é que as imaxes mostren unha historia. A linguaxe verbal emprégase de xeito complementario, se ben cumpre diversas funcións:

  • Solucionar as deficiencias narrativas que se acusan coa sucesión de fotos.
  • Expresa-las elipses espazo-temporais
  • Achegar credibilidade verosimilitude e coherencia interna

Os elementos participantes da fotonovela son comúns ó cine, ó conto ou á novela:

  • Distinción entre historia, relato (ou discurso) e narración (proceso de montaxe xeral).
  • Narrador e perspectivas (planos xerais, primeiros planos, planos medios, picados, contrapicados, ángulos aberrantes, zoom...).
  • Personaxes.
  • Esquema narrativo
  • Marco espacial
Temporalidade (linear, circular, flash-back ou analepse, flash-forward ou prolepse, ritmos narrativos variados)

Con todo, a narrativa en imaxe fixa diferénciase da literaria e da cinematográfica en aspectos derivados da distinta natureza de cada medio: O soporte (o papel), os formatos habituais (tira, media plana, plana, álbum), e a súa unidade de acción básica: a viñeta. As viñetas representan, resumíndonos un único instante, accións que na realidade teñen unha duración máis ou menos longa.

Os globos empréganse para o diálogo ou monólogo. A presentación do texto pode achegar expresividade figurativa e manifestar coa forma o volume das palabras, o ton das mesmas, a súa procedencia ou obxectivo. Tamén se pode dar a presenza de texto (onomatopeas) sen estar inserido en globos. Os cartuchos, úsanse para resumir secuencias narrativas de interese secundario, elipses temporais, saltos espaciais,...

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fotonovela.