Fossa das cavernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fossa das cavernas
Fossa de les cavernes.png
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto[1]
Clasificación científica
Orde: Carnivora
Familia: Eupleridae
Xénero: Cryptoprocta
Especie: C. spelea
Nome binomial
'Cryptoprocta spelea'
Grandidier, 1902
Fósiles atopados de subespecies de Cryptoprocta: azul-C. spelea; verde—C. ferox e C. spelea; vermello—C. ferox[2]

Fósiles atopados de subespecies de Cryptoprocta: azul-C. spelea; verde—C. ferox e C. spelea; vermello—C. ferox[2]
Sinonimia[3]
  • C. ferox var. spelea Grandidier, 1902
  • C. spelea Petit, 1935
  • C. antamba Lamberton, 1939

A fossa das cavernas (Cryptoprocta spelea), tamén coñecida como fossa xigante, é unga especie de carnívoro extinto de Madagascar pertencente á familia dos eupléridos. Esta familia ten as mangostas como parente máis achegado e inclúe todos os carnívoros malgaxes. Foi descrita por vez primeira en 1902, e en 1935 foi recoñecida como especie diferente do seu parente máis achegado, a fossa (C. ferox), que aínda vive hoxe en día. A fossa das cavernas era meirande que a actual, pero por outra banda eran bastante semellantes. Non foron consideradas sempre como dúas especies diferentes, e descoñécese cando e o motivo da desaparición da forma máis grande.

Esta especie coñécese a partir de ósos subfósiles descubertos nunha serie de covas do norte, oeste, sur e centro da illa de Madagascar. Nalgúns lugares foron atopados xunto con restos de C. ferox, mais non hai probas de que ámbalas especies vivisen no mesmo período.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoffman, 2008
  2. Goodman et al., 2004, páx. 141
  3. Goodman et al., 2004, p. 130

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]