Fosfatidilinositol 4-fosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fosfatidilinositol 4-fosfato.[1]

O fosfatidilinositol 4-fosfato (PtdIns4P ou PI4P)[2] é un fosfoinosítido precursor do fosfatidilinositol (4,5)-bisfosfato. O PtdIns4P é abundante na membrana do aparato de Golgi.

No aparato de Golgi, o PtdIns4P únese á proteína G ARF e a proteínas efectoras, como as proteínas adaptadoras do 4-fosfato 1 e 2 (FAPP1 e FAPP2).[3] Estes complexos moleculares recrutan proteínas que deben ser levadas á membrana.[4]

Hai evidencias de que o PtdIns4P pode deformar sistemas lipídicos formando ensamblaxes moi curvadas,[5] o que é consistente co comportamento similar observado no fosfatidilinositol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CHEBI 1-phosphatidyl-1D-myo-inositol 4-phosphate (CHEBI:17526)
  2. PubChem - Phosphatidylinositol 4-phosphate
  3. Godi A et al., FAPPs control Golgi-to-cell-surface membrane traffic by binding to ARF and PtdIns(4)P. Nat Cell Biol. 2004 May;6(5):393-404.
  4. Choudhury RR, Hyvola N, Lowe M. Phosphoinositides and membrane traffic at the trans-Golgi network. Biochem Soc Symp. 2005;(72):31-8.
  5. Furse, Samuel; Brooks, Nicholas J.; Seddon, Annela M.; Woscholski, Rüdiger; Templer, Richard H.; Gaffney, Piers R. J.; Ces, Oscar (2012). "Lipid Membrane Curvature Induced by Distearoyl Phosphatidylinositol 4-Phosphate". Soft Matter 8: 3090–3093. doi:10.1039/c2sm07358g.