Foro Cultural Provincia do Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pancarta posta no Castelo de Ponferrada por membros da asociación e do partido de El Bierzo durante a campaña O Bierzo é máis ca un preámbulo

O Foro Cultural Provincia Do Bierzo é unha asociación cultural[1] sen ánimo de lucro da bisbarra do Bierzo, na provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León, España. Entre os seus obxectivos figura a defensa dos sinais de identidade do Bierzo.[1]

Legalizada en outono de 2007, desenvolve a súa actividade dende finais de 2005 dándose a coñecer a través dunha rolda de prensa convocada para anunciar a reivindicación de instalar a bandeira do Bierzo no balcón do concello de Ponferrada, petición avalada por unha recollida de firmas realizada pola asociación.[2]

Orixinalmente a asociación chamouse Foro Cultural pola Provincia do Bierzo modificándose a súa denominación pola actual en outono de 2007. Encádrase dentro do movemento bercianista. Entre as súas actuacións destaca a recollida, xunto ao Partido de El Bierzo, de 5.000 firmas reivindicando a devolución da Cruz de Peñalba.[3]

Segundo afirman néganse a recibir subvencións públicas financiando a súa actividade a través das achegas dos seus afiliados, donativos e outras actividades (rifas, lotería,...).

Teñen un acordo de colaboración co Partido de El Bierzo polo cal asesoran este en temas culturais. O Partido, así mesmo, aprobou a creación dunha sección chamada corrente de opinión da que os membros da asociación afiliados ao Partido forman parte.[4]

Desenvolven a súa actividade no que denominan Rexión do Bierzo, que abrangue os límites da antiga Provincia do Vierzo.

Editan unha publicación gratuíta chamada Bierzo Opinión,[5] da cal afirman realizar entre 4.000 e 5.000 exemplares distribuídos por varios concellos do Bierzo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]