Saltar ao contido

Fondo Latinoamericano de Reservas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fondo Latinoamericano de Reservas
Tipoorganización internacional
Data de fundación8 de xuño de 1978
SedeBogotá
Na rede
http://www.flar.net/
editar datos en Wikidata ]

O Fondo Latinoamericano de Reservas (FLAR), antigamente como Fondo Andino de Reservas, é unha organización financeira de carácter internacional conformada por Bolivia, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Paraguai, o Perú, o Uruguai e Venezuela. O FLAR forma parte do Sistema Andino de Integración e ten a súa sede en Bogotá, Colombia.

Nun principio, chamouse Fondo Andino de Reservas (FAR), e foi constituído o 12 de novembro de 1978 polos países asinantes do Acordo de Cartaxena (Bolivia, Colombia, Ecuador, o Perú e Venezuela).

O 10 de xuño de 1988, subscribiuse o Convenio Constitutivo do Fondo Latinoamericano de Reservas, co cal quedou derrogado o Convenio anterior, que estabelecía o Fondo Andino de Reservas; e permitíuselle á organización admitir outros países latinoamericanos. Desta maneira, os activos, pasivos e patrimonio do FAR foron asumidos polo FLAR.

O 1 de setembro de 2000, a República de Costa Rica adheriuse ao FLAR, e converteuse no seu sexto país membro. En 2009, a República Oriental do Uruguai foi aceptada no fondo.

O directorio do FLAR, na súa LXXII Reunión Ordinaria do 23 de setembro de 2013, e a Asemblea do FLAR, no seu XXVII Reunión Extraordinaria do 24 de setembro de 2013, aprobaron o ingreso da República de Paraguai como novo país membro do FLAR.

Coa entrada da República de Paraguai, son oito os países membros que xa poden contar cun seguro de liquidez externa, a través do FLAR.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

O FLAR ten tres obxectivos principais:

  • Achegar apoio á balanza de pagamentos dos países membros, outorgando créditos de curto e longo prazo, con recursos achegados polos bancos centrais.
  • Contribuír á armonización das políticas cambiarias, monetarias e financeiras dos países membros.
  • Prestar servizos de administración das reservas internacionais aos países membros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]