Focke-Wulf Fw 61

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Focke-Wulf Fw 61
Fw 61 V.JPG
Tipohelicóptero
FabricanteFocke-Achgelis
Primeiro voo26 de xuño de 1936
Introducido1936
Unidades construídas2[1]

O Focke-Wulf Fw 61 adoita a ser considerado o primeiro helicóptero funcional da historia. O aparello realizou o seu primeiro voo o día 26 de xuño de 1936.[1] Tamén foi coñecido como o Fa 61, xa que Focke comezou unha nova compañía, Focke-Achgelis, despois de que comezase o seu desenvolvemento.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O profesor Henrich Focke, a través do seu desenvolvemento do Fw 186 e do seu traballo cos autoxiros C.19 e o construído baixo licenza C.30,[2] chegou á conclusión de que as limitacións dos autoxiros só poderían eliminarse cunha aeronave capaz de voar en vertical, o helicóptero. Xunto co enxeñeiro Gerd Achgelis comezou o deseño de Fw 61 en 1932. Un modelo de voo libre construído en 1934 e impulsado por un pequeno motor de dous tempos deu uns resultados prometedores. No presente ese modelo pode verse no Deutsches Museum de Múnic.

O 9 de febreiro de 1935 Focke recibiu un pedido para construír un prototipo, que foi designado Fw 61; Focke referíase a el como o F 61. Roluf Lucht da oficina técnica do Ministerio de Aviación aumentou o pedido a un segundo aparello o 19 de decembro de 1935. A fuselaxe estaba baseada na dun avión de adestramento ben probado, o Focke-Wulf Fw 44 Stieglitz.

Utilizando tecnoloxía de rotor licenciada por Cierva Autogiro Company, un único motor radial que movía dous rotores xemelgos, colocados en estabilizadores de aceiro tubulares nos lados da fuselaxe.[2] Cada rotor principal tiña tres palas afiadas e articuladas, accionadas a través de engrenaxes e eixos. O control lonxitudinal e direccional conseguíase usando paso cíclico e elevación asimétrica do rotor.[3] A contrarrotación dos dous rotores solucionaba o problema da reacción de torque como tamén demostrara Louis Bréguet. A pequena hélice do eixo horizontal era só para proporcionar o fluxo de aire necesario para arrefriar o motor durante o voo a baixa velocidade ou estático proporcionando un empuxe cara adiante insignificante.[2][4]

Só se fabricaron dous aparellos.[1] O primeiro prototipo, o V 1 D-EBVU, realizou o seu primeiro voo o 26 de xuño de 1936 con Ewald Rohlfs aos mandos.[4] A comezos de 1937, o segundo prototipo, V 2 D-EKRA, foi completado e voou por primeira vez. O 10 de maio de 1937 logtou a súa primeira aterraxe automática co rotor apagado.

Historial operacional[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1938 o Fw 61 foi exhibido por Hanna Reitsch no interior do estadio deportivo Deutschlandhalle en Berlín.[5] Posteriormente estableceu varios récords de altitude, velocidade e duración de voo que culminaron en xuño de 1938 cun récord de altura de 3 427 m,[2] rompendo o récord non oficial de 605 metros do TsAGI 1-EA soviético establecido en agosto de 1932, e un voo en liña recta de 230 km.

Ningún dos aparellos sobreviviu á segunda guerra mundial, aínda que existe unha réplica en exposición no Hubschraubermuseum en Bückeburg, Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "European Helicopter Pioneers". airvectors.net. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ford, Roger (2013). Germany's Secret Weapons of World War II. Londres: Amber Books. p. 224. ISBN 9781909160569. 
  3. "Focke-Wulf Fw 61". Aviastar. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Helicopter Progress". Flight International. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  5. Ruffin 2005, p. 19

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ruffin, Steven A. Aviation's Most Wanted: The Top 10 book of Winged Wonders, Lucky Landings and Other Aerial Oddities. Washington D.C.: Potomac Books, 2005. ISBN 1-57488-674-6.