Fobos-Grunt
| Fobos-Grunt | |
|---|---|
Modelo de Fobos-Grunt | |
| Tipo | Científico |
| Data de lanzamento | 8 de novembro de 2011[1][2][3] |
| Foguete portador | Zenit-2FG[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Estudo de Fobos e Marte.[2][3][4][5] |
| Decaemento | 15 de xaneiro de 2012[1] |
| NSSDC ID | 2011-065A |
Fobos-Grunt foi unha sonda espacial rusa lanzada cara Marte o 8 de novembro de 2011 mediante un foguete Zenit-2FG desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Fobos-Grunt foi unha sonda espacial rusa enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Como carga adicional levaba a sonda Yinghuo 1, que debería ter sido a primeira sonda chinesa en orbitar Marte. A misión de Fobos-Grunt era estudar a superficie e atmosfera de Mrte e estudar a superficie e composición de Fobos, recollendo mostras para devolver á Terra.[1][2][4][5]
A sonda chegou á órbita terrestre, desde a que un acendido da última etapa debía tela inxectado na órbita cara Marte. No momento de dar a orde de acendido a sonda non respondeu. Tódolos intentos de poñer en marcha os motores foron infructuosos e o conxunto de etapa e sondas reentraron na atmosfera terrestre o 15 de xaneiro de 2012, destruíndose.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "PHOBOS-GRUNT" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (28 de outubro de 2022). "Phobos-Grunt" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
- 1 2 3 "Note verbale dated 27 January 2012 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-55080 (E)). 24 de xullo de 2012: 5. Consultado o 16 de abril de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Fobos-Grunt" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2023). "Fobos 1F" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fobos-Grunt |