Floris III de Holanda
Floris III de Holanda | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1141 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido e A Haia |
Falecemento | 1 de agosto de 1190 |
Lugar de falecemento | Antioquía do Orontes |
Pai | Teodorico VI, Conde da Holanda |
Nai | Sophia of Rheineck |
Cónxuxe | Ada de Huntingdon |
Fillos | Florence of Holland, Guilherme I, Conde da Holanda, Dirk VII, Count of Holland, Ada of Holland, Agnes van Hollant, Margareta van Hollant e Boudewijn |
Irmáns | Otto, Count of Bentheim, Baldwin II van Holland e Dirk I |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Floris III de Holanda, nado en 1141 e finado en Antioquía o 1 de agosto de 1190, foi conde de Holanda desde 1157 ata 1190.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Floris era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Frederico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178. En agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.
O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Floris en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.
En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.