Floating production storage and offloading

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Campo petrolífero explotado por un FPSO.

As Floating production storage and offloading, ou FPSO, son unidades navais flotantes de produción, almacenamento e descarga empregadas nos campos petrolíferos de gas e petróleo en mar a fóra. Os FPSO empréganse como unidades de almacenamento e primeiro procesado de petróleo, gas e derivados. Operan en campos petrolíferos recibindo o petróleo e gas por tubarías submarinas de varios pozos. As primeiras versións eran FSO (floating storage and offloading vessel), só facían o almacenamento do petróleo ata o transvasamento a buques lanzadeira (chamados shuttle) que o achegaban ás refinarías da costa.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios da industria offshore en Summerland, California, en 1915
Tipos de estruturas offshore da industria petroleira. (de esquerda a dereita):
1, 2) plataformas fixas convencionais (profundidades: Shell’s Bullwinkle en 1991 a 412 m/1,353 ft GOM)
3) compliant tower (profundidades: ChevronTexaco’s Petronius en 1998 a 534 m /1,754 ft GOM)
4, 5) vertically moored tension leg and mini-tension leg platform (deepest: ConocoPhillips’ Magnolia in 2004 1,425 m/4,674 ft GOM)
6) Spar (profundidade: Dominion’s Devils Tower en 2004, 1,710 m/5,610 ft GOM)
7,8) Semi-submersibles (deepest: Shell’s NaKika in 2003, 1920 m/6,300 ft GOM)
9) Produción flotantes, almacenaxe, e descarga (profundidades: 2005, 1,345 m/4,429 ft Brazil)
10) sub-sea completion and tie-back to host facility (deepest: Shell’s Coulomb tie to NaKika 2004, 2,307 m/ 7,570 ft). Datos de 2005.

Nos inicios da industria petroleira as estruturas dos pozos petrolíferos eran torres en terra. A explotación e esgotamento dos pozos petrolíferos levou á necesidade de buscar novos pozos de petróleo. O mar, como no golfo de México, foi o lugar onde se fixaron plataformas. Nun principio eran sinxelas construcións. Ampliacións de peiraos existentes e conectados a terra por pasarelas. O esgotamento do petróleo fixo evidente a necesidade de entrar cada vez máis no mar. Ata que a distancia á costa e a profundidade á que se estaba a perforan obrigaron a que fosen construcións illadas pero aínda fixadas ao fondo. Este sistema continuou a empregarse e foise perfeccionando ata acadar as torres profundidades de centos de metros. Nun principio os traballadores ían e viñan tódolos días a terra, en quendas de traballo, pero ao estar vez máis afastados da costa fíxose evidente que non era viable ir e vir cada día polo que houbo que habilitar eses lugares de traballo para facelos axeitados para pasar semanas alí. Xurdiron as plataformas petrolíferas con módulos habitacionais. Cidades de traballadores sobre o mar. O aumento da profundidade na que se estaba a extraer petróleo levou á construción de plataformas flotantes, xa non fixadas ao fondo do mar. Agora aboiaban e podían ir dun pozo petrolífero a outro ao esgotarse. Ata entón ao esgotar un pozo alí quedaba a plataforma e a estrutura que a sostiña. O aumento do tamaño das plataformas petrolíferas e que cada vez fosen máis custosas facía necesarias grandes investimentos de cartos. Había que buscar e explotar pozos rendibles de xeito que pozos pequenos tiñan que ser abandonados ou non chegaban a entrar en explotación. De aí xurdiu a idea e a necesidade de facer unidades FPSO nun principio só FSO (floating storage and offloading vessel ). Buques transformados para captar o petróleo de varios pozos e almacenalo, sen transformación algunha, ata que era levado a outro buque lanzadeira que o achegaba á refinaría. Eran polo tanto buques existentes adaptados para esa función. O xurdimento da tecnoloxía FPSO está ligada á evolución da industria do petróleo, os prezos e mellora da tecnoloxía naval. O primeiro FPSO foi o Shell Castellon de 1976 construído en España[1]. Xa con moitas das características actuais dos FPSO: forma de buque, capacidade para almacenar petróleo, moonpool (apertura en cuberta para conectar ao pozo), guindastres, sistemas de conexión a lanzadeiras, sistemas de fondeo, habilitación para traballadores ou posteriormente heliporto.

O Offshore en Galiza[editar | editar a fonte]

Construcións off-shore de Astano

Discoverer Enterprise no golfo de México.
Número Nome Tipo Botado
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992
269 Alba FSU FSU 09-03-1993
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995
274 Captain FPSO FPSO 2-07-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999
279 Farwah FPSO 7-10-2002

Nos anos 1980 a reconversión do sector naval pola entrada na CEE fixo que Astano tivese que abandonar a construción naval de buques convencionais e adicarse a outro sector, o offshore. Primeiramente o estaleiro construíu unha plataforma flotante para a perforación petrolífera, a Drillamar I. Enxeñería desenvolvida xunto con empresas norteamericanas. Nos anos seguintes Astano fabricou artefactos offshore para armadores noruegueses, de Gran Bretaña e dos Estados Unidos.

En 1997, coa experiencia adquirida no sector offshore, Astano desenvolveu a primeira plataforma petrolífera con forma de buque do mundo, o Discoverer Enterprise. Ata entón todas eran transformacións de buques existentes. No momento da súa botadura en 1997 o Discoverer Enterprise era a maior plataforma petrolífera do mundo con 254,40 metros de eslora.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]