Flavobacteriia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Flavobacterias")
Flavobacteriia
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Bacteroidetes
Clase: Flavobacteriia
Orders

Flavobacteriales

A clase Flavobacteriia (antes Flavobacteria) está composta por unha soa orde de bacterias ambientais.[1] As Flavobacteriia son un grupo de bacterias comensais e patóxenos oportunistas. Flavobacterium psychrophilum causa enfermidades septicémicas como a síndrome das crías da troita arco da vella e a enfermidade da auga fría bacteriana dos salmónidos. Segundo Bernardet et al., as Flavobacteriia son bacilos aerobios gramnegativos, de 2–5 µm de longo, 0,3–0,5 µm de largo, con extremos arredondados ou cónicos que teñen motilidade por esvaramento, forman colonias amarelas (de cor crema a alanranxada) en ágar, descompoñen varios polisacáridos pero non a celulosa, e os seus contidos G+C son do 32–37 %, e están amplamente distribuídas en hábitats e auga dioce e no solo.

O nome é a miúdo escrito como Flavobacteria, pero oficialmente desde o ano 2012 denomínanse Flavobacteriia.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 1 (The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria) (D.R. Boone and R.W. Castenholz, eds.), Springer-Verlag, New York (2001). pp. 465-466.
  2. Bernardet, J.-F.; Bowman, J. P. (2013). "International Committee on Systematics of ProkaryotesSubcommittee on the taxonomy of Flavobacterium and Cytophaga-like bacteria: Minutes of the meetings, 7 September 2011, Sapporo, Japan". International Journal of Systematics and Evolutionary Microbiology 63 (Pt 7): 2752–2754. doi:10.1099/ijs.0.053926-0. PMID 23825377. 
  3. "Flavobacteriia class". allmicrobes.com. Consultado o 1 November 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Elizabethkingia meningoseptica

Ligazóns extrernas[editar | editar a fonte]