Fischer Sports

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Fischer Sports.

Fischer Sports é unha empresa de Austria que fabrica esquís para todas as modalidades deste deporte, raquetas de tenis e equipamento de hockey. É unha das maiores empresas manufacuteraras na industria do esquí. Fischer logrou un éxito rotundo nas últimas copas do mundo de esquí nórdico, esquí alpino e de saltos. A empresa foi fundada por Joseph Fischer o ano 1924.

Fischer no tenis profesional[editar | editar a fonte]

Os xogadores como Dominik Hrbatý, Marcos Baghdatis, Anna Chakvetadze, e o excampeón do Australia Open e do Roland Garros Yevgeni Káfelnikov son uns dos tenistas que levan raquetas da marca Fischer.

Asociación Rottefella/Fischer[editar | editar a fonte]

No ano 2007 a empresa austríaca asociouse coa empresa nórdica de fixacións Rottefella. A partir dese ano todas as botas Fischer levan fixacións desta marca. As botas levaban o sistema (SNS) patentado por Salomón pero desde hai un ano se utliza o sistema NNS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]