Fiorde de Solway
Aparencia
| (gd) Linne Shalmhaigh (en) Solway Firth | ||||
| Tipo | baía fiorde | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Mar de Irlanda | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Escocia, Reino Unido e Inglaterra, Reino Unido | |||
| ||||
| Afluentes | River Eden (en) | |||
O fiorde de Solway (en inglés Solway Firth) é un fiorde que delimita a fronteira entre Inglaterra e Escocia, entre os condados de Cumbria e de Dumfries and Galloway. O fiorde comprende unha parte do Mar de Irlanda. O litoral, caracterizado por outeiros de pequena altitude e pequenas montañas, é considerado como o litoral máis senlleiro das Illas Británicas. É esta unha área fundamentalmente rural, coa agricultura xogando un importante papel na economía local, xunto ao turismo. No Solway Firth filmáronse películas, como The Wicker Man de Edward Woodward.

