Filloa Jazz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iago Fernández sexteto tocando no Filloa Jazz en abril de 2014

O Jazz Filloa é un local senlleiro da noite coruñesa, situado na rúa Cega e aberto o 28 de decembro de 1980. Foi foco do nacemento da escena jazzística desta cidade e sede durante anos de grandes concertos. Nos comezos estivo rexentado por membros da banda Filloa Express.

Neste local teñen tocado algúns dos grandes como Joe Henderson, Mal Waldron, Wynton Marsalis...

Referencias externas[editar | editar a fonte]