Fikile Ntshangase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFikile Ntshangase
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 2020 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Fikile Ntshangase, finada o 22 de outubro de 2020, foi unha activista medioambiental de Suráfrica.

Ntshangase opúxose á ampliación dunha mina de carbón xestionada pola empresa Tendele Coal preto de Somkhele, na provincia de KwaZulu-Natal, preto da súa casa en Ophondweni. Foi membro destacado de Mfolozi Community Environmental Justice Organisation, MCEJO, a cal loitou contra a ampliación da mina preto da Reserva de Caza Hluhluwe-Imfolozi.[1][2]

Algúns membros da comunidade, que tradicionalmente dependeran do pastoreo e a agricultura, estiveran facendo campaña para preservar a vida salvaxe da área, pero outros membros da comunidade necesitaban traballar na mina e apoiaron a ampliación, o que provocou un aumento das tensións. En abril, disparáronse 19 balas contra a casa doutro activista en contra da mina, Tholakele Mthethwa.[2]

A xente que vive preto da mina foron obxecto de intimidación e ameazas de violencia nos meses anteriores ó asasinato de Ntshangase. Segundo os informes, as familias que rexeitaron ser trasladadas das súas terras ancestrais recibiron disparos. Ao redor das 6:30pm do 22 de outubro de 2020, segundo a policía local, catro homes entraron na casa de Ntshangase e matárona a tiros. Tiña 65 anos.[1]

A súa morte foi parte dunha tendencia crecente de asasinatos de activistas medioambientais, xa que houbo un número récord de asasinatos ao redor do mundo en 2019, segundo un informe de Global Witness de xullo de 2020.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "South African environmental activist shot dead in her home" (en inglés). 2020-10-23. Consultado o 2021-03-08. 
  2. 2,0 2,1 "How we braved danger to honour Fikile Ntshangase". 7 Nov 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021.