Imposto de Consumos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O imposto de consumos foi un imposto indirecto establecido en España no século XIX, e vixente entre 1845 (a Reforma tributaria de Mon-Santillán) e comezos do século XX (a lei de supresión de 12 de xuño de 1911, que estableceu un período transitorio ata 1920); cun período intermedio de suspensión durante a revolución de 1868. Tamén foi obxecto de suspensións locais. As súas diversas formas de xestión, e a súa propia natureza, provocaron un alto grao de descoordinación e ineficacia. O seu peso dentro da facenda española era discreto (o 12% dos ingresos ordinarios en 1874).

Foi amplamente criticado por gravar o bens de primeira necesidade (de comer, beber y arder): alimentos, bebidas alcohólicas, combustibles e sal. Protagonizou o debate político, económico e social entre as distintas ramas do liberalismo español. As protestas contra o imposto recibiron o nome de motíns de consumos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]