Fideuá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fideuá

Unha fideuá.
Outros nomes Fideuada ou Fideuà
Tipo Fideos
Orixe Gandia, Dénia Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana
Ingredientes
Orixe animal Marisco
Caldo de peixe
Orixe vexetal Fideo
Relacionados
Similares Paella
Fideuá.
Fideuá.

A fideuá[1] (pronunciación da verba valenciana fideuada -gran cantidade de fideos-)[2] é un prato mariñeiro orixinario das costas da Comunidade Valenciana, concretamentemente da cidade de Gandia,[3] que se elabora de xeito semellante á paella. Os seus ingredientes principais son: fideos de pasta (normalmente, de tipo oco), peixe (pescado de rocha, peixesapo, sepia, lura) e mariscos (galeras, gambas, cigalas). Nisto é semellante ó arroz a banda, pero sustituíndo o arroz polos fideos. Aderézase, principalmente, con limón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González González, Manuel. Xunta de Galicia, ed. "Dicionario de alimentación e restauración". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2020. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  2. "Diccionari català-valencià-balear". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2004. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  3. «Fideuada». Diccionari General de la Llengua Valenciana. Valencia: Real Acadèmia de Cultura Valenciana (RACV).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]