Saltar ao contido

Fiat 4 HP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat 4 HP
 Nome orixinal
    Fiat 4 HP (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Marca
 Impulsado por
Implicados
 Deseñador/a
 Fabricante
Historia
 Sucedido por
Fiat 6 HP (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Total producido
   24 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   1.450 mm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1.420 mm Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   2.300 mm Editar o valor en Wikidata
 Masa
   680 kg Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
   35 km/h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/09kn0y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
O FIAT 4 HP no National Motor Museum, no Reino Unido.

O Fiat 4 HP, ou 3 ½ HP, foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.

Características

[editar | editar a fonte]

O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.

Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes.[1] O 3 ½ tiña unha carrozaría de Marcello Alessio de Turín.[2] Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.[2][3]

  1. ↑ "1899 Ceirano Welleyes". motorspeed.wordpress.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 2008-02-26.
  2. 1 2 "La Fiat 3 ½ HP". archimagazine.com. Consultado o 2008-03-25. (en italiano)
  3. ↑ "Fiat 3½hp". nationalmotormuseum.org.uk. Consultado o 2010-12-02.