Festa do pemento de Oímbra
A feira do pemento de Oímbra celébrase no municipio galego de Oímbra, na provincia de Ourense. Está recoñecida como festa de interese turístico galego[1].
Características
[editar | editar a fonte]O seu produto central é o pemento de Oímbra cultivado na zona de produción, que se colleita verde, nun estado de maduración intermedia. Estes pementos están amparados pola Indicación Xeográfica Protexida[2]. As características deste pemento son peculiares: teñen un sabor doce, non pican pola ausencia de capsaicina e o seu olor é de intensidade media[3].
A feira tivo a súa primeira celebración no ano 1997 e dende entón celébrase anualmente o primeiro domingo de agosto[4]. Comezou sendo unha festa popular ata chegar a ter unha media de 4000 visitantes. A festa celébrase na Carballeira, situada ao carón da Casa do Concello, alí ofrecese dende música folclórica en directo ata unha feira agrícola.
A feira reserva un espazo destinado ao público infantil, cunha oferta de xogos de lecer. Tamén se acostuma ofrecer unha degustación de viño e dos propios pementos.
O maior atractivo da festa é a comida popular, nunha carpa. Nesta comida pódese degustar o pemento de diversas formas, xa sexa recheo por exemplo ou de forma tradicional frito. Na comida non só triunfa o pemento, tamén podemos desfrutar de carnes e polbo. Esta comida está amenizada cun acompañamento de música tradicional en directo (gaiteiros, pandeireteiros etc.)
Outro dos momentos máis significativos da feira é o concurso. Nel particípase cun prato onde o ingrediente principal é o pemento. Os pratos expóñense ó público para poder observar a creatividade de cada un deles. Ó final do día exponse o gañador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Festa do Pemento de Oímbra". Cultura de Galicia. Xunta de Galicia.
- ↑ "I.G.P. Pemento de Oímbra".
- ↑ "Pemento de Oímbra". Turismo de Galicia. Xunta de Galicia.
- ↑ "Oímbra celebra su XXI Feira do Pemento con mil kilos de producto y oferta cultural". Faro de Vigo (en castelán). 31 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pimiento de Oímbra España Fascinante. Fundación Zuloaga (en castelán).