Fervenzas do Seerenbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°08′23″N 9°10′01″L / 47.139861111111, 9.1670277777778

Fervenzas do Seerenbach.

As fervenzas do Seerenbach (en alemán: Seerenbachfälle) son unhas fervenzas triplas naturais de Suíza, que se atopan no concello de Amdem, no cantón de Sankt Gallen. Atópase a 39 km de Vaduz.

Características[editar | editar a fonte]

Cun total de tres caídas, a fervenza superior ten unha altura de 50 metros, a mediana 305 metros, e a baixa unha caída de 190 metros, sumando as tres 585 metros. As caídas de auga forman un arroio que alimenta o lago de Walen.

A caída acumulada é a maior de calquera outra fervenza no país. Atendendo só á mediana, esta sería a segunda caída máis alta en Suíza despois da Fervenza do Mürrenbach con 417 metros.[1]

O acceso a pé conta cunha ruta sinalizada. Para chegar con coche, só conta cunha estrada estreita destinada só a un vehículo con quenda rotatoria cada media hora para acceder nun sentido e despois no contrario.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Seerenbach Falls - The Tallest Waterfall in Switzerland". World of Waterfalls (en inglés). Consultado o 2023-11-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christian Schwick, Florian Spichtig (2007). Die Wasserfälle der Schweiz. Mit 53 Wanderungen zu spektakulären Naturschauplätzen. Aarau: AT Verlag. ISBN 978-3-03800-321-2.