Ferrari P4/5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari P4/5
O P4/5 no Concours d'Elegance
Ferrari
Información
País Italia
Fabricante Ferrari
Produción 2006 (1 unidade)
Sucesor
Carrozaría Berlinetta
Motor
Potencia
Longo 4360 mm
Largo 2042 mm
Alto 1126 mm
Peso 1200 kg.
Tracción
Suspensión
Freos
Prestacións
Pneumáticos
Outros datos
[1]
O Ferrari P4/5 nunha exposición.

O Ferrari P4/5 (oficialmente coñecido como o Ferrari P4/5 by Pininfarina) é un automóbil deportivo único feito polo fabricante italiano Ferrari e que foi redeseñado por Pininfarina para o director de cine e magnate James Glickenhaus. O coche era un Ferrari Enzo, pero o propietario, James Glickenhaus, preferiu o deseño dos coches de carreiras Ferrari dos anos 1960, os Serie P. O custo deste proxecto para Glickenhaus foi de 4 millóns de dólares estadounidenses.

Historia[editar | editar a fonte]

En marzo do ano 2005 o magnate e director de cine James Glickenhaus, que é un recoñecido coleccionista de coches de luxo, púxose en contacto con Pininfarina para ver se estarían interesados en realizar un coche para el. Andrea Pininfarina dixo que o Ferrari 612 Kappa e o P4/5 eran o primeiro pero indicou que Pininfarina estaba interesada en producir outro coche único. A resposta de Glickenhaus foi que quería un novo "Ferrari P" o que terminou na firma dun contrato en xuño con Pininfarina para producir o coche por apoximadamente 4 millóns de desbastares.

O Ferrari P4/5 (coñecido oficialmente como o Ferrari P4/5 by Pininfarina) polo tanto é un superdeportivo feito polo fabricante de deportivos italiano Ferrari pero reaxustado por Pininfarina para o magnate.

O proxecto foi presentado oficialmente ao público o 18 de agosto de 2006 no Pebble Beach Concours d'Elégance e posteriormente (en setembro dese ano) foi mostrado no Salón do Automóbil de París. Ao ver o P4/5, Luca di Montezemolo considerou que este coche merecía ser oficialmente catalogado como un Ferrari e xunto con Andrea Pininfarina e James Glickenhaus acordaron en que o nome oficial sería Ferrari P4/5 by Pininfarina. Ted West escribiu un artigo na revista Car and Driver acerca de como este coche veu ser: "O Mellor de Turín".

Características[editar | editar a fonte]

O Ferrari P4/5 pode acelerar de 0 a 100 quilómetros por hora en 3,5 segundos e pode conseguir unha velocidade máxima de ata 362 quilómetros por hora (225 millas por hora).

Ten un motor de 12 cilindros con 660 CV a 7.800 rpm, 1.200 kg. A medida dos pneumáticos das pinas de 20 polgadas son: 335/30 ZR 20 os de detrás e 255/35 ZR 20 os de diante.

Interior[editar | editar a fonte]

O interior do P4/5 foi deseñado polo mesmo Glickenhaus cun iPod nano stereo e cun Tablet PC que incluía non só un GPS, senón tamén un modelo 3D do coche cunha completa lista de compoñentes e un manual para un servizo fácil.

Os asentos foron fabricados a medida para Glickenhaus, o seu corpo foi escaneado por Pininfarina para poder facer uns asentos mais confortables e axustables ao propietario. Teñen unha composición de fibra de carbono recubertos cunha goma negra.

Exterior[editar | editar a fonte]

O exterior do coche foi fabricado con fibra de carbono parecido á forma do Ferrari 330 P4, tamén ten outras particularidades doutros Ferrari, os portelos do Ferrari 512 S, as ventilacións laterais parecidas ás do Ferrari 330 P3, e a parte dianteira é parecida á do Ferrari 333 SP.

Tamén as portas de bolboreta son similares ás do McLaren F1 e foron deseñadas para soportar os 260 km/h sen ruídos. A aerodinámica foi probada positivamente dando ao coche máis forza e dando por exemplo máis estabilidade que o Enzo a altas velocidades.

Enxeñería[editar | editar a fonte]

O P4/5 ten o mesmo motor que o Enzo agregando un V12 65º dun Ferrari Dino. Os 12 cilindros teñen unha capacidade total de 5998 centímetros cúbicos, cada un con 4 válvulas. O P4/5 usa a trasmisión de seis velocidades semi-automática do Enzo pero no canto de pas detrás da roda ten o estilo de Fórmula 1 con volante de botóns para controlar os cambios.

Chasis[editar | editar a fonte]

A maior parte da suspensión é da orixinal do Enzo, coa mesma dobre suspensión na fronte e detrás, e os mesmos freos de disco antibloqueo carbono-cerámicos de Brembo cun diámetro de 340 milímetros na fronte e detrás. As pinas de aliaxe de aluminio son de 510 milímetros de diámetro. Os pneumáticos dianteiros teñen o código ZR 255/35 e os de detrás, ZR 335/30.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]