Saltar ao contido

Fernando Venâncio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Venâncio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Mértola, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ámsterdam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua portuguesa e lingüística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , tradutor , ensaísta , crítico literario , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata


Fernando Venâncio, nado en Mértola (Alentejo) en 1944, é un escritor, intelectual, crítico literario, e académico portugués. Conta tamén coa nacionalidade neerlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando Venâncio pasou a súa infancia en Lisboa, completou o ensino medio na cidade de Braga. Estudou Filosofía en Vila Nova de Ourém e Teoloxía en Lisboa. En 1970 mudouse para a Holanda, onde acabou por concluír seus estudos en lingüística pola Universidade de Ámsterdam, en 1976. Dous anos despois, comezou a impartir aulas no departamento de estudos de Portugués na Universidade de Nijmegen. De 1984 a 1988 foi profesor na Universidade de Utrecht; acabou tornando á Universidade de Ámsterdam para ensinar Portugués e cultura, até hoxe. En 1995, Venâncio terminou seu doutoramento coa tese Estilo e preconceito. A língua literária em Portugal na época de Castilho.

É autor e colaborador regular de revistas de prestixio como o Xornal de Letras, Ler e Colóquio/Letras, traballa como crítico literario. Tamén colabora co xornal Expresso e na revista Visão. Até marzo de 2008 foi colaborador regular do blog colectivo Aspirina B[1]. Venâncio é un detractor do Acordo Ortográfico de 1990. É crítico co movemento reintegracionista galego[2][3], polo cal non obstante expresa certas simpatías.[4][5][6]

O 1 de xullo do 2023 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto[7].

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

  • Unha migalla na Saia do Universo, 1997
  • Estilo e Prexuízo. A Lingua Literaria en Portugal na Época de Castilho, 1998 (tese de doutoramento; Edicións Cosmos)
  • Um almoço de negócios em sintra, 1999 (tradución ao portugués da obra de Gerrit Komrij)
  • Os Esquemas de Fradique, 1999
  • Jose Saramago: A Luz e o Sombreado, 2000
  • El-Rei no Porto, 2001
  • Maquinações e Bos Sentimentos, 2002
  • Ensaios Literarios, 2002
  • Quen Inventou Marrocos: Diarios de Viaxe, 2004
  • Último Minuete en Lisboa, 2008
  • Bico Técnico e Outras Historias, 2015
  • Assim Nasceu um Lingua, 2019.[8]
  • Así naceu unha lingua. Sobre as orixes do portugués (ed. en galego), 2021.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aspirina B
  2. "«Decepciona ver galegos difundindo mitos portugueses negadores do galego»". A Nosa Terra. 2019-08-31. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2020-10-12. 
  3. "Fernando Venâncio: “A história do português é a história das suas tentativas de afastamento do galego"". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-10-12. 
  4. "Fernando Venâncio: «A AGAL tem uma norma linguística e uma prática formidáveis, com uma morfologia autenticamente galega»". www.pglingua.org. Consultado o 2020-10-12. 
  5. Mana Galiza, publicado no Expresso, (2007)
  6. "Um bom 'mergulho' no idioma: Verbos exclusivos de galego e português", artigo publicado em Portal Galego da Língua, 26/08/2015
  7. "Os novos xuíces honorarios do Couto Mixto reivindicaron un mundo sen fronteiras". 02/07/2023. Consultado o 03/07/2023. 
  8. "Assim Nasceu uma Língua - Ciberdúvidas da Língua Portuguesa". ciberduvidas.iscte-iul.pt. Consultado o 2021-05-06. 
  9. "Así naceu unha lingua. Sobre as orixes do portugués". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-05-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]