Fernando Roig Alfonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fernando Roig")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Roig Alfonso
Nacemento25 de xuño de 1947 (72 anos)
 Poble Nou, Valencia, España España
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario e dirixente deportivo
PaiFrancisco Roig Ballester
NaiTrinidad Alfonso Mocholí
CónxuxeElena Negueroles
IrmánsJuan José Roig Alfonso e Francesc Roig Alfonso
editar datos en Wikidata ]

Fernando Roig Alfonso, nado na pedanía de Poble Nou (Valencia) o 25 de xuño de 1947, é un empresario español. É o propietario e presidente de Pamesa e máximo accionista e presidente do Villarreal Club de Fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa faceta empresarial é propietario e presidente da industria cerámica Pamesa, con sede en Almassora (Castelló), e dono do 11% da cadea de supermercados Mercadona, que dirixe o seu irmán Juan. Tamén está presente no sector da enerxía eólica a través da sociedade Renomar.

A outra faceta pola que é coñecido Fernando Roig é a deportiva, xa que se trata do máximo accionista e presidente do Villarreal Club de Fútbol, e foino do Pamesa Valencia de baloncesto, ademais de ser un importante accionista do Valencia Club de Fútbol. Fernando Roig adquiriu a maioría das accións do equipo de Vila-real na tempada 1997-98, na que compaxinou a dirección tanto do Villarreal CF como do Pamesa Valencia. Baixo o seu mandato, o club de fútbol experimentou un gran crecemento, ascendendo á Primeira División e xogando competicións europeas, tanto a Copa da UEFA como a Champions League. Ademais creou equipos de fútbol base como o Villarreal B, destacando a construción da Cidade Deportiva. Finalmente delegou as súas funcións no Pamesa no seu irmán Juan Roig, aínda que nunca se desvinculou do club que patrocina.

En xaneiro de 2009 recibiu o premio ao "Mellor Dirixente Deportivo 2008" outorgado polo diario Mundo Deportivo, sendo a primeira vez que se facía entrega dese premio na categoría mencionada.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fernando Roig está casado coa pintora Elena Negueroles, coa que ten dous fillos, un dos cales, Fernando, colabora co seu pai na xestión do Villarreal CF. O 22 de febreiro de 2006 foi nomeado Fillo Adoptivo de Vila-real polo Concello desta localidade, nun acto celebrado no auditorio municipal.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernando Roig, o ‘Mellor Dirixente Deportivo 2008’". Villarreal CF. 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2009. [Ligazón morta]
  2. "Fernando Roig é nomeado fillo adoptivo de Vila-real". nostresport.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2007. Consultado o 25 de agosto de 2007.