Fernando Pérez Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1896 Viveiro, España |
Morte | 19 de agosto de 1968 (71 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Familia | |
Fillos | Fernando Pérez-Barreiro Nolla |
Irmáns | Pedro Pérez Barreiro |
Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol o 19 de agosto 1968,[1] foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos da carreira eclesiástica, que non rematou, e licenciouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro e trasladouse a Ferrol, onde se dedicou activamente á política. Foi presidente da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) local e impulsor do Sindicato Católico Agrario, inspirado polas ideas de Eugenio Vázquez Gundín. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección pola Fronte Popular. Colaborou en El Departamento de Ferrol e dirixiu Pro Neutralidad, La Sirena del Norte, La Voz de la Verdad, La Verdad e El Correo Gallego (en dúas ocasións).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1926 con Matilde Nolla López e foi o pai do escritor e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Obras
[editar | editar a fonte]- Pavesas de la hoguera, 1912.
- Andrómenas, 1922.
- Virgen y Mártir, novela aparecida en Heraldo de Vivero.
- El Digesto no indigesto. Anecdotario forense del humorismo galaico, 1952 (serie de textos en castelán nos que os personaxes populares empregan o galego).
- Ducia e pique de fábulas. Atiriño prá un fabulario gallego, 1954.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1968, p. 20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Para ser e crear necesitas independencia Arquivado 04 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. Conversa con Fernando Pérez-Barreiro Nolla