Pro Neutralidad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pro Neutralidad
LocalidadeViveiro
editar datos en Wikidata ]

Pro Neutralidad foi un periódico publicado en Viveiro entre 1917 e 1918.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 18 de febreiro de 1917. No subtítulo sinalaba que estaba redactado polos membros da Juventud Católica local, pero non funcionaba como voceiro desta asociación. Estaba dirixido por Fernando Pérez Barreiro. De orientación xermanófila e distribución gratuíta, foi criticado atribuíndoselle o seu financiamento ao vicecónsul alemán en Viveiro, Cloos, enxeñeiro das minas da Silvarosa. Foi substituído en 1918 por La Sirena del Norte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]