Fernando Núñez del Cañal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Núñez del Cañal
Nacemento1813
 Veiga
Falecemento2 de abril de 1894
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
FillosBenito Núñez Forcelledo
editar datos en Wikidata ]

Fernando Núñez del Cañal Teijeiro, nado en Veiga (Chantada) en 1813 e finado en Santiago de Compostela o 2 de abril de 1894,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do propietario lugués nado en Cando Fernando Núñez Teigeiro e da sierense Antonia Roces Cañal, foi avogado eclesiástico e civil. No Reinado de Isabel II foi alcalde-correxidor de Santiago de Compostela na Década Moderada, do 23 de agosto de 1851 ao 14 de marzo de 1853. Foi o derradeiro correxidor de Santiago de Compostela, pois o Real Decreto de 4 de maio de 1853 eliminou a alcaldía-correximento de Santiago. Volveu ser alcalde de Santiago de Compostela no Bienio Moderado dende o 1 de xaneiro de 1863 ao 23 de outubro de 1864.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Nemesia Forcelledo Tuero (que finou en 1892),[2] irmá de Benito Forcelledo Tuero, e foi pai, entre outros, de Luís e Benito Núñez del Cañal Forcelledo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 3-4-1894, p. 2.
  2. Gaceta de Galicia, 13-1-1892, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]