Fernando Figueroa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xullo de 1849 Ilobasco, O Salvador |
| Morte | 16 de xuño de 1919 San Salvador, O Salvador |
| 1 de marzo de 1907 – 1 de marzo de 1911 ← Pedro José Escalón – Manuel Enrique Araujo → | |
| Subsecretario de Estado nos Despachos de Guerra e Mariña | |
| 6 de setembro de 1900 – valor descoñecido ← Jacinto Castro | |
| 14 de maio de 1885 – 18 de xuño de 1885 ← Rafael Zaldívar – José Rosales → | |
| Ministro de Facenda e Mariña | |
| 30 de abril de 1885 – valor descoñecido | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral de división (1885–) xeneral de brigada (–1885) |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930), (vol:XXIII, sec:Figueroa (Fernando), p.1269) |
Fernando Figueroa, nado en Ilobasco o 4 de marzo de 1849 e finado en San Salvador o 16 de marzo de 1919, foi un militar e gobernante da República do Salvador en dúas ocasións, sendo a primeira en calidade de Segundo Designado á Presidencia e posteriormente como presidente en propiedade, entre o 14 de maio de 1885 ao 18 de xuño de 1885; e como Presidente da República electo para o período comprendido entre o 1 de marzo de 1907 ó 1 de marzo de 1919.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiro Mandato
[editar | editar a fonte]Vendo o inminente triunfo da revolución acaudillada polo xeneral Francisco Menéndez, e ó non serlle aceptada a renuncia por parte das Cámaras Lexislativas, Rafael Zaldívar por decreto 14 de maio de 1885 deposita o cargo na persoa do xeneral Fernando Figueroa, que o día anterior fora nomeado como Segundo Designado á Presidencia, asumindo o poder executivo dende ese mesmo día. Zaldívar sae do país con rumbo a Europa e tras aceptarlle as Cámaras a nova renuncia, o xeneral Figueroa é declarado Presidente da República por decreto lexislativo de 20 do mesmo mes.[1][2]
Durante esta curta administración, o xeneral Figueroa encargouse de seguir combatendo a revolución acaudillada polo xeneral Menéndez, que malia lograr a renuncia de Zaldívar, continúa a súa loita en contra da nova administración do xeneral Figueroa por considerar que seguiría as pegadas de Zaldívar, a pesar de que Figueroa propuña ás Cámaras a convocatoria a eleccións presidenciais.[3]
Esgotados os medios de conciliación, e tratando de achandar o camiño para a paz, Figueroa deposita o cargo no senador José Rosales o 18 de xuño de 1885.
Segundo Mandato
[editar | editar a fonte]O xeneral Fernando Figueroa resulta electo por maioría de votos como Presidente da República para o período 1907-1911, sucedendo a Pedro Escalón en cuxa administración se desempeñou como Secretario de Guerra e Mariña, e como o seu Vicepresidente ó doutor Manuel Enrique Araujo.[4]
Ó asumir como presidente asume na súa persoa a calidade de Secretario de Guerra, nomeado ademais como Secretario de Gobernación, Fomento e Instrución Pública a Tomás G. Palomo, como Secretario de Relacións Exteriores, Xustiza e Beneficencia a Ramón García González e como Secretario de Facenda e Crédito Público a Federico Mejía.[5]
Durante este segundo mandato, ampliouse a rede ferroviaria do país e a rede eléctrica.[6]