Fernando Cordón García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Verín, España |
Morte | 11 de agosto de 1936 (36/37 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Fernando Cordón García, nado en Verín en 1899 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Axente de Aduanas en Verín. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto ao comunista Manuel Gómez del Valle, trasladáronse á Gudiña para unirse a quen estivera disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense.
Foron sometidos a un consello de guerra sumarísimo a principios de agosto,[1] aínda que tivo que repetirse o día 8 por "defectos de forma".[2] Foi condenado á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fernando Cordón García na páxina web Nomes e Voces.