Saltar ao contido

Fenoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fenoloxía é a parte da ecoloxía que estuda as relacións entre os factores climáticos e as manifestacións estacionais ou periódicas dos seres vivos.[1]

A fitofenoloxía é a parte da fenoloxía que estuda a influencia das variábeis meteorolóxicas nos ciclos das plantas (floración, aparición de froitos, caída da folla...) mentres que a zoofenoloxía faino nos ciclos dos animais (apareamento, migración, hibernación...).

A recompilación de series de datos durante certo tempo pode axudar á mellora da produtividade dos cultivos. Asemade, a variación repentina dos ciclos dos seres vivos pode supor unha evidencia do cambio climático.

  1. Definición de fenoloxía no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.