Feliciano Crespo Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFeliciano Crespo Bello
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 1976 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Alcalde de Ortigueira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Feliciano Crespo Bello, nado en Ortigueira en 1913 e finado no mesmo concello o 12 de abril de 1976,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xefe de Falange Española de Ortigueira, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nas tomas de Cariño e Cedeira a finais de xullo e na execución de máis de setenta persoas en Ortigueira, Cedeira, Cerdido e Mañón. Foi nomeado concelleiro de Ortigueira e terceiro tenente-alcalde na comisión xestora presidida por Gonzalo Prieto Cao. Colaborou en Era Azul. Foi alcalde de Ortigueira en 1944, deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Foi xefe provincial da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos. Foi elixido procurador en Cortes en 1949 como representante de deputacións provinciais, permanecendo no cargo até 1952. Foi tesoureiro da xunta reitora de UTECO,[2] e presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria.


Predecesor:
Manuel Bermúdez Alfonso
 
Alcalde de Ortigueira
 
1943 - 1945
Sucesor:
José Colino

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Rosa Rego Fernández en 1944,[3] e foi pai de Mª del Carmen, Ramón e Feliciano Crespo Rego.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 1947 foille concedida a Encomenda da Orde do Mérito Agrícola.[4]
  • Foi nomeado fillo predilecto de Ortigueira en 1948.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-4-1976, p. 54.
  2. La Voz de Galicia, 14-4-1976, p. 4.
  3. La Voz de Galicia, 26-8-1944, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 19-12-1947, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 16-3-1948, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]