Federico Guillerme II de Saxonia-Altenburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Federico Guillerme II de Saxonia-Altenburgo
Frederick Wilhelm II Saxe-Altenburg.jpg
Nacemento 12 de febreiro de 1603
  Weimar
Falecemento 22 de abril de 1669
  Altenburg
Soterrado sen etiquetar
Nacionalidade Alemaña
Relixión Luteranismo
Educado en Universidade de Leipzig
Pai Frederico Guilherme I, Duque de Saxe-Weimar
Nai Ana Maria do Palatinado-Neuburgo
Cónxuxe Sofia Isabel de Brandemburgo e Madalena Sibila de Saxonia
Fillos Xoana Madalena de Saxonia-Altenburgo e Federico Guillerme III de Saxonia-Altemburgo
Irmáns Frederico, Duque de Saxe-Altemburgo, João Filipe, Duque de Saxe-Altemburgo, João Guilherme, Duque de Saxe-Altemburgo, Doroteia Sofia, Abadessa de Quedlimburgo e Doroteia de Saxe-Altemburgo
editar datos en Wikidata ]

Federico Guillerme II Posthumus de Wettin, nado en Weimar o 12 de febreiro de 1603, e finado en Altenburgo o 22 de abril de 1669, foi un nobre alemán, duque de Saxonia-Altenburgo da póla ernestina da Casa de Wettin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Federico Guillerme era o sexto fillo do segundo matrimonio do duque Federico Guillerme I de Saxonia-Weimar coa condesa palatina Ana María de Wittelsbach, filla primoxénita do duque Filipe Luís do Palatinado-Neuburgo e de Ana de Cléveris. Esta última, filla do duque Guillerme V o Rico e da arquiduquesa austríaca María de Habsburgo. Naceu póstumo, pois o seu pai morreu antes do seu nacemento.

O 18 de setembro de 1638, Federico Guillerme II casou en Altenburgo con Sabela Sofía de Hohenzollern (1616-1650), filla do administrador protestante de Magdeburgo, Cristián Guillerme de Brandeburgo. O matrimonio mantívose sen fillos.

O 11 de outubro de 1652, casou por segunda vez con Madalena Sibila de Saxonia (1617-1668), a filla menor do elector Xoán Xurxo I de Saxonia e da súa segunda esposa Madalena Sibila de Prusia, filla do duque Alberte Federico de Prusia e de María Leonor de Cléveris. Madalena Sibila estivo casada anteriormente co príncipe herdeiro danés Cristián.

Do seu matrimonio con Madalena Sibila, tiveron os seguintes fillos:

  • Cristián (1654-1663), príncipe herdeiro de Saxonia-Altenburgo, morto novo;
  • Xoana Madalena (1656-1686) casada co duque Xoán Adolfo I de Saxonia-Weissenfels (1649-1697);
  • Federico Guillerme III (1657-1672), o derradeiro representante da Casa de Saxonia-Altenburgo.

En 1664, Federico Guillerme II en Hummelshain, mandou construír un pavillón de caza. Do mesmo xeito que en 1665, quería Federico Guillerme II para a súa esposa Madalena Sibila tomar precaucións e construíu un fermoso sitio, con sede en Altenburgo, o Magdalenenstift.

Federico Guillerme II foi sucedido polo seu fillo Federico Guillerme III baixo a rexencia do elector Xoán Xurxo II de Saxonia e do duque Mauricio de Saxonia-Zeitz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]