Federico Ávila Cuadra
Federico Ávila Cuadra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de novembro de 1892 |
Lugar de nacemento | Viana do Bolo |
Falecemento | 1970 |
Lugar de falecemento | Viana do Bolo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Federico Ávila Cuadra, nado en Viana do Bolo o 2 de novembro de 1892 e finado no mesmo concello en 1970, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre en Chao de Castro, foi trasladado a Fisterra en 1922. Foi cofundador da Banda Municipal de Fisterra en 1924. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Fisterra en 1925. Afeccionado á fotografía, publicou algunhas das súas imaxes en Vida Gallega. Dende 1927 foi mestre en Petín. Fundou o Orfeón e Rondalla Ecos de Sil de Petín en 1928 e creou e dirixiu a banda La Alborada de Viana do Bolo en 1932.[1]
Predecesor: Ramón Armesto García |
![]() Alcalde de Fisterra 1925 - 1927 |
Sucesor: Ramón Rodríguez Vigo
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Matilde Bustillo de Puga en 1917, e foi pai de Antonio Ávila Bustillo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vida Gallega, 30-9-1934, p. 15.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Ávila y Cuadra, Federico". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.