Federación Agropecuaria del Norte Galaico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Agropecuaria del Norte Galaico foi unha asociación gandeira de varias parroquias dos concellos de Riotorto, A Pontenova, A Pastoriza e Meira constituída en 1909.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Venancio Gavín Gallo foi un dos seus promotores e estivo á fronte das súas oficinas en Lugo dende abril de 1910. A Federación levou a cabo estudos de cultivo con sementes que traían do estranxeiro, tiña campos de experimentación e proxectaba a introdución de nova maquinaria e a fabricación industrial de queixos en réxime cooperativo. En 1911 celebrou as primeiras paradas de sementais e os primeiros concursos de gando; iniciativas que lle permitiron realizar exportacións de reses a Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]