Xuventudes Socialistas de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Federación de Juventudes Socialistas»)
JSE
Partido político de España
Historia
Fundación1903, Erandio, Biscaia
Posicións políticas
Ideoloxíaesquerda, laicismo, republicanismo, socialdemocracia, progresismo federalismo, ecoloxismo, internacionalismo, feminismo, europeísmo
Outros datos
SedeC/Ferraz, 70. 28008 Madrid
PublicaciónRenovación
Na rede
www.jse.org
Instagram: jse_org Editar o valor em Wikidata

Xuventudes Socialistas de España (JSE) é a organización xuvenil de ideoloxía de esquerda, socialista democrático, progresista, republicana e laica afín ao Partido Socialista Obrero Español[1]. Ten independencia ou autonomía orgánica e política respecto ao PSOE. Foi fundada en Erandio, Biscaia, en 1903 por Tomás Meabe[2].

Orixes[editar | editar a fonte]

A situación laboral dos mozos españois, sobre todo nas empresas mineiras e siderúrxicas do norte de España, así como a vontade de combater o nacionalismo vasco, levou a Tomás Meabe a fundar a primeira agrupación de mozos socialistas en Bilbao en 1903, imitando o modelo austríaco e de acordo coas teses propugnadas por Rosa Luxemburgo. En 1905, celebrábase en Madrid o II Congreso ordinario do Partido Socialista, no que se recoñece a organización de Meabe como rama xuvenil do PSOE.

Do 14 ao 17 de abril de 1906 celebraron o seu primeiro congreso como Federación Nacional de Xuventudes Socialistas de España. Esta primeira toma de contacto non vén acompañada dun programa político claro, limitándose a formular unha opción antimilitarista. Tamén se caracterizaban pola súa loita contra o alcoholismo xuvenil, moi estendido entre a clase obreira naquela época. O seu órgano de prensa dende febreiro de 1907 foi Renovación. A organización é recoñecida como tal polo PSOE en 1908.

En 1910 realizou as primeiras mobilizacións masivas contra a Guerra de Marrocos e, posteriormente, contra a Primeira guerra mundial.

Moi activa durante a folga xeral durante a coñecida como crise española de 1917, obtería nas filas do PSOE o seu primeiro deputado en 1918.

As Xuventudes Socialistas na actualidade[editar | editar a fonte]

Tras a legalización en marzo de 1977, celebran o XIII Congreso en Madrid e elíxese a Juan Antonio Barragán como Secretario xeral, o primeiro dirixente non exiliado. A partir desta data, as JSE seguen o mesmo camiño que o PSOE, renunciando ao marxismo como doutrina única socialista. En 1984, Javier de Paz é elixido secretario xeral das JSE.

Dende 2012 o Secretario Xeral é Marcelino Torre Canto, sucedendo a Sergio Gutiérrez Prieto, eurodeputado do PSOE, elixido no Congreso Federal de 2007. Sergio Gutiérrez saíu elixido como único candidato do 23º Congreso Federal celebrado o 20, 21 e 22 de xullo de 2007, contando con máis do 90% do apoio dos delegados.

As Xuventudes Socialistas de España son membros do Consello da Xuventude de España, ostentando a Coordinación interna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estatutos Federales del PSOE artº 85
  2. Estatutos Federales del PSOE artº 87