Federación Española de Actividades Subacuáticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS) é un organismo español que regula as actividades relacionadas co mundo subacuático, como o mergullo deportivo, a pesca submarina, a natación con aletas, hóckey subacuático, rugby subacuático e a fotografía do fondo mariño. É a máxima autoridades deportiva española no ámbito dos deportes subacuáticos. Como federación nacional agrupa todos os grupos do Estado, e é membro da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas. En Galicia existe tamén a Federación Galega de Actividades Subacuáticas.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1947 constituíuse o Comité de Actividades Subacuáticas, ante o grande incremento de prácticas como a pesca submarina ou a inmersión con escafandro autónomo, que deron pé á creación de numerosos clubs. O Comité foi integrado dentro da Federación Española de Pesca, tomando o nome de Federación Española de Pesca e Actividades Subacuáticas. En 1959 o Comité participou na creación da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, xunto con outras federacións nacionais. En marzo de 1967 o Comité fíxose autónomo da Federación de Pesca, tomando o nome de Federación Española de Actividades Subacuáticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]