Fasor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un fasor ou vector de rotación é un vector bidimensional usado para representar unha onda en movemento harmónico simple.

Representandose a onda:

é posíbel identificarse unha relación entre ese modelo e a proxección no eixo das abscisas do seguinte vector

Ou sexa, é posíbel representar unha onda de amplitude máxima e ángulo de fase a través dun vector de magnitude e que ten como ángulo co eixo das abscisas, no sentido directo.


Aplicacións[editar | editar a fonte]

Os fasores teñen unha larga aplicación práctica pois ofrecen varias vantaxes na manipulación e cálculo de ondas. Eis algunhas vantaxes:

Sobreposición de ondas[editar | editar a fonte]

Grazas á natureza vectorial dos fasores, o cálculo do efecto da sobreposición de ondas redúcese a unha soma vectorial.

Derivación e determinación da velocidade e aceleración[editar | editar a fonte]

Debido á natureza do modelo matemático da onda en movemento harmónico simple, das operación de derivación e das propiedades trigonométricas, a determinación da velocidade e aceleración dunha partícula en movemento harmónico simple tornase trivial. Derivando a expresión obtéñense as seguintes expresións para a velocidade e aceleración:

A partir das relacións trigonométricas dedúcese que a velocidade e a aceleración poden ser representados como vectores que teñen un ángulo de e co fasor posición e que posúen as magnitudes e respectivamente.

Circuítos eléctricos en corrente alternada[editar | editar a fonte]

Para circuítos eléctricos sinusoidais en réxime permanente, é posíbel a utilización do método fasorial para o estudo, evitando unha resolución con ecuacións diferenciais. Os elementos eléctricos (resistencias, indutancias e capacitancias) serán representados por impedancias, todos nunha mesma unidade (ohm).

Un fasor funciona como un vector, onde o módulo é a intensidade da grandeza medida (tensión ou corrente) e o ángulo mede a defasaxe da grandeza con relación a un circuíto puramente resistivo (ø=0).