Familia Trivulzio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Familla Trivulzio
Image illustrative de l’article Famille Trivulzio

Brasón familiar

Brasonamento Barras de ouro e sinople
Périodo Séculos XI a XIX
Orixe Lombardía
Feudos Melzo, Borgomanero,

Retegno, Castel Tidone,

Vigevano, Mesocco,

Cologno, Omate

Cargos Gobernador de Lión
Deputado en Sardeña
Funcións militares Mariscal de Francia
Xeneral Lugartenente
Funcións eclesiásticas Bispo, Cardeal
Camerlengo

A familia Trivulzio foi unha das grandes familias nobres de Milán e Lombardía.

Historia[editar | editar a fonte]

Palazzo Trivulzio en Milán

Orixinaria da actual provincia de Pavia, derivada en particular da cidade de Trivolzio da que tomou o apelido, a familia Trivulzio ocupaba numerosos feudos (Melzo, Borgomanero, Retegno, etc.), e os seus primeiros membros aparecen en rexistros dende o século XI. A familia alcanzou o seu apoxeo na segunda metade do XVI, na época dos Sforza, cuxo ascenso favoreceron, e aos que os Trivulzios traizoaron cando entraron ao servizo dos reis de Francia.

Os edificios históricos vinculados aos Trivulzio son numerosos e espallados por un vasto territorio. Entre eles, o palacio homónimo sito en Milán, na Piazza Sant'Alessandro, que foi sede da biblioteca e colección Trivulzio, agora no Castelo Sforzesco. Neste pazo naceu Cristina Trivulzio Belgiojoso, coñecida en Francia como princesa Christine de Belgiojoso.

Membros célebres[editar | editar a fonte]

  • Antonio III Trivulzio, maior (1457-1508), cardeal.
  • Jacques de Trivulce (1440-1518), condottiero, político, mecenas.
  • Antonio IV Trivulzio;(it) (-1519), bispo de Asti.
  • Scaramuccia Trivulzio (1465-1517), cardeal.
  • Théodore de Trivulce (1458-1532), mariscal de Francia
  • Pomponio Trivulce, (finado antes de 1539), sobriño do anterior, 8º gobernador de Lión.
  • Agostino Trivulzio (1485-1548), cardeal.
  • César Trivulce (circa 1495-1548) bispo de Côme e bispo de Apt
  • Antonio Trivulzio, iuniore (1514-1559), cardeal.
  • Carlo Emanuele Teodoro (1577-1605), conde de Melzo, marido de Caterina Gonzaga.
  • Giangiacomo Teodoro Trivulzio, (1597-1656), cardeal.
  • Ippolita Trivulzio, (1600-1638), princesa de Mónaco.
  • Cristina Trivulzio Belgiojoso, (1808-1871) editora dun xornal revolucionario, escritora e xornalista.
  • Giorgio Pallavicino Trivulzio (1796-1878), patriota italiano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]