Fala dos mariñeiros de Cromarty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A fala dos mariñeiros de Cromarty é un pequeno dialecto en vías de extinción do escocés dórico.

Distribución[editar | editar a fonte]

En Cromarty, unha viliña de pouco máis de 700 habitantes, coexisten no mesmo espazo os tres dialectos dóricos (os outros dous son a fala dos labregos de Cromarty e a fala dos vilegos de Cromarty), o inglés e, ademais, ao ser Cromarty unha vila da área municipal da Terra Alta, co gaélico escocés a un nivel teórico e escolar.

A fala dos mariñeiros de Cromarty é coñecida unicamente por dous usuarios, os irmáns octoxenarios Robert Hogg e Gordon Hogg[1]. Fálana entre si e tamén con xente que non domina esta fala, pero que poden chegar a entendela.

Historia[editar | editar a fonte]

A fala dos mariñeiros naceu como especialización, fundamentalmente léxica, do dialecto dórico dentro da comunidade da vila dedicada á pesca. A razón de por que nesta pequena vila situada ao norte de Inverness se ten acadado un elevado grao de especialización lingüística hai que buscala no illamento: Cromarty está completamente illada por terra de calquera outro falante de dórico, que chegaron aquí por mar.

A fala dos mariñeiros comezou a decaer co devecer da industria do peixe da vila.

Características[editar | editar a fonte]

Algunhas particularidades dos dialectos de Cromarty[2]:

  • Cando unha consoante oclusiva velar precede un /u:/, a vogal central muda a /i:/. Exemplos: geed (esc. gud, g. bo), skeel (esc. school, g. escola)
  • Cando unha vogal tónica /o:/ é seguida de /r/, ditonga. Exemplos: fyoord (esc. ford, g. achado), myoor (esc. moor, g. nevarada).
  • O ditongo inicial /wi/ muda a /wu/. Exemplos: wusker (esc. whisker, g. brisa), wutch (esc. witch, g. meiga)
  • O grupo consonántico inicial /kn/ muda a /kr/. Exemplos: kree (esc. knee, g. xeonllo), krife (esc. knife, g. coitelo)
  • Variabilidade nas aspiracións iniciais. Exemplos: oos (esc. hoose, g. casa), hile-oos (esc. ail-hoose, gl. cervexaría).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]